XARDÍN DESORDENADO
No seu primeiro traballo discográfico "Xardín desordenado" (sul producciones 2011), acompañados pola cálida sonoridade que proporcionan os intrumentos acústicos estes "xardineiros desordenados" camiñan entre o bolero, o swing, o blues ...da man de mágníficos textos
.
Integrantes:
MARLENE RODRÍGUES - VOZ
SANTIAGO FERRAGUD - VOZ E GUITARRA ESPAÑOLA
BLAS SEGURA - BAIXO ELÉTRICO
DAVID OUTUMURO - PERCUSIÓN
ISAAC GARABATOS - GUITARRA ESPAÑOLA
No outono de dous mil oito, uns músicos de Vigo decidiron recorrer librerías e bibliotecas, na procura de palabras as que lle poñer música. A selección resultante non obedeceu a criterios cronolóxicos, estilísticos o temáticos, senón á inspiración (as veces provocación) que os poetas producían nos “exploradores”. O obxectivo de Xardín Desordenado é promover á poesía galega, concretada nos dezaseis poemas musicados, que pola variedade xeracional e estilística, pode constituír un mostrario significativo. Xa noutras ocasións, a música tense demostrado como un eficaz vehículo para a transmisión da poesía.
Integrantes:
MARLENE RODRÍGUES - VOZ
SANTIAGO FERRAGUD - VOZ E GUITARRA ESPAÑOLA
BLAS SEGURA - BAIXO ELÉTRICO
DAVID OUTUMURO - PERCUSIÓN
ISAAC GARABATOS - GUITARRA ESPAÑOLA