lunes, 5 de diciembre de 2011

ISGA collective - Presentación novo album "Etheria"

O vindeiro mércores 7 de decembro ás 21h no Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do rei, 1) Entrada de balde até completar aforo.

ISGA collective

Proxecta na súa música a modernidade da sociedade galega actual, coidando e nutríndose do seu pasado e tradición. Dende os seus inicios no ano 2005, mostrou o seu interese pola música de raíz galega e as correntes de vangarda. A música de ISGA collective é unha das propostas máis atractivas e orixinais da escena galega. Aínda que de corte intimista, sorprende pola súa vitalidade e frescura, mostrando unha Galicia actual e moderna.

No seu primeiro traballo discográfico "A Redeira" (sul producciones 2006), conxugaron a súa música absolutamente contemporánea coas Cantigas de Martín Códax do século XIII.
Despois de obter moi boas críticas polo seu primeiro disco e os seus directos (Liverpool, Edimburgo, L´Orient, Frankfurt, Londres, Munich ...),presentan o seu novo album  "Etheria"(sul producciones 2011) un traballo se cabe máis orgánico  que o anterior onde seguen a investigar na mestura de diferentes correntes musicais  coa dándolle un sabor galego e que confirma ao grupo como unha sólida proposta e representación da nova música galega.

"Etheria" xurde cando ao compositor e lider do colectivo musical vigués, Isaac Garabatos, encárganlle a banda sonora para o espectáculo do Centro Coreográfico Galego "Etheria - A viaxe soñada" dirixido pola coreógrafa Mercedes Suárez. Despois de xirar co CCG déronlle unha revisión aos arranxos musicais e presentaron o seu 2º disco nunha serie de catro concertos en Londres.



Ademais dos 7 músicos que fan o directo de ISGA collective, tamén aportaron o seu talento na gravación de "Etheria" a violinista e cantante Patricia Argüelles (Patricia Moon), o pianista Xavier Bertolo, a chelista Susana Blanco e o técnico de son Tino Álvarez.


ISGA collective trae en primicia ao Auditorio Municipal de Vigo a sua música que vai dende o minimalismo ao post-rock ou o Jazz sempre cun claro son galego.






Músicos no directo:
CECILIA MARTÍNEZ - VIOLIN
DAVID OUTUMURO - BATERÍA E PERCUSIÓNS
ISAAC GARABATOS - GUITARRA ACÚSTICA E PIANO
JEAN MARC VAN LOO - BAIXO ELÉCTRICO
JESÚS ANDRÉS TEJADA - GUITARRA ELÉTRICA E UKELELE
LORENA FREIJEIRO - GAITA E FLAUTAS
MÓNICA DE NUT - VOZ E PANDERETA