MERCORES NO SOLPOR VI
VERBUM - casa das palabras
Programa 2011
27 xullo – Música
Xabier Díaz e Guillerme Fernández
Arrolos de salitre
Con guitarras, acordeóns, voces e unha enorme cantidade de sensibilidade preséntannos o seu segundo traballo discográfico “Arrolos de salitre”, onde os dous músicos, tamén compoñentes do grupo Berrogüetto, seguen atopando novos camiños dentro da música tradicional e contemporánea galega coa que emocionar a todos os públicos.
3 agosto – Cabaré
Gayo-Pinheiro
Area de descanso
Iria Pinheiro e Clara Gayo son as encargadas do solpor máis tolo e divertido desta edición repleto de humor, música e complicidade.
As dúas actrices invítannos a súa “Area de descanso” e a gozar da súa visión do cabaré.
10 agosto - Danza, poesía, vídeo e música
Indio Palo
Tras-Cendere
Presentación deste novo colectivo artístico e tamén da súa proposta multidisciplinar “Tras-Cendere” coa coreógrafa e bailarina Roser Garriga (Cataluña), a escritora e poeta ChicaTriste (Valencia), o vídeo de Pau Pez (Galicia) e a música dos compoñentes de Sulxeitos, Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada (Galicia).
17 agosto – Música e poesía
Xardín desordenado + invitados
Xardín desordenado
O grupo liderado polo multifacético Santiago Ferragud presenta o seu álbum debut “Xardín Desordenado”.
O cantautor utiliza a pureza do son acústico da súa banda para musicar poemas galegos de distintas xeracións e estilos.
Para esta ocasión teremos a sorte de escoitar ao grupo xunto con algún dos poetas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario