martes, 19 de julio de 2011

PROGRAMA 6ª EDICIÓN "MÉRCORES NO SOLPOR"

MERCORES NO SOLPOR VI          
VERBUM - casa das palabras
Programa 2011


Un ano máis a azotea do Museo Verbum celebrará os seus “Mércores no solpor”. Esta 6ª edición volta a ser un punto de encontro para artistas de distintas disciplinas (música, poesía, danza, cabaré… etc) onde experimentar e crear actuacións irrepetibles onde a palabra se deixa arroupar pola música, a música nutrir pola palabra, a palabra influír pola danza, a danza inspirar pola palabra… a palabra como motor desta busca de diálogos e interaccións entre artistas ,onde a complicidade do público asistente e a beleza dos solpores na azotea converten o ciclo nunha oferta diferente e sen dúbida de extraordinario atractivo para a cidadanía.











27 xullo – Música
Xabier Díaz e Guillerme Fernández
Arrolos de salitre

Con guitarras, acordeóns, voces e unha enorme cantidade de sensibilidade preséntannos o seu segundo traballo discográfico “Arrolos de salitre”, onde os dous músicos, tamén compoñentes do grupo Berrogüetto, seguen atopando novos camiños dentro da música tradicional e contemporánea galega coa que emocionar a todos os públicos.


3 agosto – Cabaré
Gayo-Pinheiro
Area de descanso

Iria Pinheiro e Clara Gayo son as encargadas do solpor máis tolo e divertido desta edición repleto de humor, música e complicidade.
As dúas actrices invítannos a súa “Area de descanso” e a gozar da súa visión do cabaré.


10 agosto - Danza, poesía, vídeo e música
Indio Palo
Tras-Cendere

Presentación deste novo colectivo artístico e tamén da súa proposta multidisciplinar “Tras-Cendere” coa coreógrafa e bailarina Roser Garriga (Cataluña), a escritora e poeta ChicaTriste (Valencia), o vídeo de Pau Pez (Galicia) e a música dos compoñentes de Sulxeitos, Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada (Galicia).


17 agosto – Música e poesía
Xardín desordenado + invitados
Xardín desordenado

O grupo liderado polo multifacético Santiago Ferragud presenta o seu álbum debut “Xardín Desordenado”.
O cantautor utiliza a pureza do son acústico da súa banda para musicar poemas galegos de distintas xeracións e estilos.
Para esta ocasión teremos a sorte de escoitar ao grupo xunto con algún dos poetas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario