martes, 29 de noviembre de 2011

PRESENTACIÓN "XARDÍN DESORDENADO" VENRES 2 DECEMBRO

O GRUPO "XARDÍN DESORDENADO" PRESENTA O SEU ALBUM DEBUT NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO DE VIGO (PRAZ DO REI,1 ) ÁS 21H. ENTRADA DE BALDE ATÉ COMPLETAR AFORO.


XARDÍN DESORDENADO

No seu primeiro traballo discográfico "Xardín desordenado" (sul producciones 2011),  acompañados pola cálida sonoridade que proporcionan os intrumentos acústicos estes "xardineiros desordenados" camiñan entre o bolero, o swing, o blues ...da man de mágníficos textos 
 . 
Integrantes:
MARLENE RODRÍGUES - VOZ
SANTIAGO FERRAGUD - VOZ E GUITARRA ESPAÑOLA
BLAS SEGURA - BAIXO ELÉTRICO
DAVID OUTUMURO - PERCUSIÓN
ISAAC GARABATOS - GUITARRA ESPAÑOLA
No outono de dous mil oito, uns músicos de Vigo decidiron recorrer librerías e bibliotecas, na procura de palabras as que lle poñer música. A selección resultante non obedeceu a criterios cronolóxicos, estilísticos o temáticos, senón á inspiración (as veces provocación) que os poetas producían nos “exploradores”. O obxectivo de Xardín Desordenado é promover á poesía galega, concretada nos dezaseis poemas musicados, que pola variedade xeracional e estilística, pode constituír un mostrario significativo. Xa noutras ocasións, a música tense demostrado como un eficaz vehículo para a transmisión da poesía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario